O Resurrection Fest sorprende cun cartel de luxo para o 2022
• O festival celebrarase entre os días 29 de xuño e 3 de xullo

Tras dous anos parados por mor da pandemia, o Resurrection Fest anuncia a súa aposta para o 2022, a súa edición "15+2".
Cinco días con bandas consagradas como Judas Priest (que celebran os seus cincuenta anos), Sabaton, Sepultura, Deftontes, Avenged Sevenfold ou Bullet For My Valentine, e ducias de grupos de todos os xéneros da música extrema, dende o rock alternativo ata o deathcore.
Cita única
Moitos dos grandes grupos actuarán só no Resurrection Fest dentro do circuíto de festivais español. É o caso de Avenged Sevenfold, KoRn, Rise Against, Bring Me The Horizon, Bullet For My Valentine.
Porén, no elenco non figura unha das bandas máis desexadas polos amantes do metal, System Of a Down, que si confirmara concerto para 2020.
RESURRECTION FEST ESTRELLA GALICIA XL 2022
— Resurrection Fest Estrella Galicia (@ResurrectionESP) July 8, 2021
Avenged Sevenfold (only show in Spain)
KoRn (only festival in Spain)
Judas Priest - 50 years
Deftones
Sabaton
BMTH (only festival in Spain)
Rise Against (only festival in Spain)
Opeth
BFMV (only festival in Spain) pic.twitter.com/HfjVhwdz6h
Grupos galegos
No cartel atopamos algúns grupos que xa aparecían nas edicións previstas para estes anos de pandemia. O rock do país terá voz propia cos Ruxe Ruxe, e regresará aos escenarios a banda cercedense Machina, co seu último traballo O infraordinario. Tamén estarán máis bandas, como Golpe Radikal ou o dúo Grima.