O resultado das locais, os desafiuzamentos e os enfermeiros centran o debate no Parlamento
Lectura con matices das eleccións entre o voceiro socialista e o presidente da Xunta. Leiceaga cre que houbo unha mensaxe de cambio. Feijóo recorda que o PP gañou as eleccións municipais en Galicia, pero recoñece tamén que non están satisfeitos cos resultados e que traballarán para melloralos.
Vivenda
A voceira do BNG recriminoulle ao presidente da Xunta a falta de políticas de vivenda pública. Tamén lamentou os desafiuzamentos que aínda se producen. Feijóo recordou que nos últimos anos a Xunta evitou o desafiuzamento de máis de 2.400 familias.
Enfermeiros do Sergas
Hai 10.800 enfermeiras en Galicia. Delas, o 88 % ten un contrato indefinido. Foi a resposta que lle ofreceu o presidente da Xunta ao voceiro de En Marea, a quen lle pediu tamén que repasase os datos que trae ao Parlamento.