CRTVG

Buscar

O responsable dos rexistros do 20-S: "Os Mossos dixéronnos 'Estades tolos?, se saídes coas caixas, mátanvos'"

Publicado o 25/03/2019 15:17

No xuízo do procés, o garda civil responsable dos rexistros da Consellería de Economía o 20 de setembro describiu o "risco evidente" ao que se enfrontaron ante a concentración de manifestantes. O tenente declarou que Jordi Sánchez, ao que definiu como interlocutor da masa, non facilitou o traballo da comitiva xudicial.

Tenente da Garda Civil, responsable dos rexistros do 20-S: "Dicía que tiña actitude colaborativa, pero non accedeu a ningunha das nosas propostas. Os axentes dos Mossos literalmente dixéronnos: 'Estades tolos? Se saídes coas caixas, mátanvos'. Non tivemos a ousadía de exercer a nosa liberdade de movementos, porque nos machucarían. Unha porta maciza de madeira e ferro estaba cedendo porque a xente a estaba tombando. Se entran, sería unha desgraza".

Noticias web

25/03/2019