CRTVG

Buscar

O Reino Unido representa o 7% das exportacións galegas

Publicado o 08/10/2019 18:23

O 7% das exportacións galegas van para o Reino Unido. Mil seiscentos millóns de euros ao ano ameazados pola incerteza do brexit, que afecta sobre todo as pequenas empresas. A elas, fundamentalmente, van dirixidas unhas xornadas divulgativas que comezaron hoxe en Ourense.

500 empresas galegas teñen mercado no Reino Unido. É o caso desta adega de Ourense que exporta alí 26 millóns de botellas de viño ao ano. A incerteza sobre o tipo de Brexit é o que máis lles afecta á hora de planificar a estratexia comercial.

Hay Sprunken, responsable do departamento de exportacións: "Hai clientes que se dedican a aumentar o stock de viño, pero a maioría non porque ninguén sabe exactamente o que vai saír".

No primeiro semestre do ano, as exportacións galegas ao Reino Unido caeron un 12%. O obxectivo destas xornadas, organizadas polo ministerio de Industria, é animar e axudar as empresas cos plans de contixencia. 

Sergio Prieto López, director territorial de Comercio e ICEX en Galicia: "Sobre todo, o máis importante, é lanzar a mensaxe de que non podemos perder este cliente. Reino Unido é moi importante para nós. Haberá unhas circunstancias novas, teremos que adaptarnos, pero temos que seguir traballando con eles".

Prepáranos para o peor dos escenarios posibles: un brexit duro e inminente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019