O Reino Unido non obrigará a facer corentena aos seus cidadáns que estean vacinados cando regresen de vacacións
Publicado o 08/07/2021 15:56

O alivio ao sector turístico chega dende o Reino Unido, que xa non obrigará os seus cidadáns a facer corentena cando volvan de determinados destinos, sempre que estean vacinados.
Ata o de agora todos tiñan que gardar dez dias de corentena á volta, o que freaba as viaxes a países marcados en ambar, entre os que está incluído España. Agárdase agora que esta medida, que entrará en vigor o día 19, reactive o turismo británico ao noso país. Manterase, iso si, a obriga de facer unha proba antes da viaxe e tamén ao chegar.