O Reino Unido lánzase a unha campaña de vacinación masiva as 24 horas do día
Publicado o 14/01/2021 16:33
O Reino Unido proponse comezar a vacinar as 24 horas do día para tratar de frear canto antes a vaga imparable de contaxios, e para conseguilo aumenta os sitios onde se poderán administrar as doses, as farmacias e incluso algún supermercado vanse habilitar con ese obxectivo.
O Goberno centra agora todos os seus esforzos en acelerar a súa campaña de vacinación. 24 horas ao día e sete días á semana, tan pronto como sexa posible, dixo o primeiro ministro Boris Johnson. Ademais dende hoxe algunhas farmacias tamén poderán vacinar.
A vaga imparable de contaxios deixa xa preto de 85.000 mortos, 7.000 na última semana, e foi necesario habilitar depósitos temporais en distintos puntos do país para poder deixar tantos cadáveres.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 09:29