CRTVG

Buscar

O Reino Unido impón un confinamento duro durante un mes

Publicado o 31/10/2020 19:48

Boris Johnson escoitou aos científicos e asesores que lle esixían mais contundencia nas medidas de restrición social fronte á segunda vaga do coronavirus. O primeiro ministro confirmou un confinamento severo en toda Inglaterra polo prazo dun mes.

Escocia, Gales e Irlanda do Norte dispoñen de autonomía nesta crise sanitaria, pero adiantáronse en endurecer as súas propias medidas. O segundo confinamento domiciliario comezará o xoves e prolongarase como mínimo ata o 2 de decembro.

O Reino Unido superou hoxe o millón de contaxios e van á cabeza de Europa en número de mortos. Só quedarían abertos os comercios de produtos esenciais e os centros educativos.

 

Noticias web

31/10/2020