CRTVG

Buscar

O Reino Unido, o país europeo con maior número de mortos polo coronavirus, máis de 31.800 persoas

Publicado o 10/05/2020 18:42
O Reino Unido, o país europeo con maior número de mortos polo coronavirus, máis de 31.800 persoas

As mortes pola COVID-19 no Reino Unido ascenden este domingo a 31.855 persoas, coa suma de 269 falecidos nas últimas 24 horas. Trátase do maior número de decesos en Europa, cando o Goberno está a piques de anunciar o seu programa de desconfinamento.

As cifras son de casos de coronavirus confirmados por tests, pero outros datos de organismos de estatísticas indican que o número real de mortes que se poden atribuír ao coronavirus poderían estar en 36.800 persoas.

O primeiro ministro, Boris Johnson, vai anunciar entre grandes críticas o desconfinamento gradual e un sistema de medición do risco en cinco niveis. Tamén un novo lema, "estea alerta", rexeitado polos gobernos autónomos de Escocia, Gales ou Irlanda do Norte, para substituír o de "quede na casa".