CRTVG

Buscar

O Reino Unido constata a aparición de dúas novas variantes da covid

Publicado o 10/02/2021 16:14

Volven saltar as alarmas no Reino Unido, están rexistrando semanalmente o ingreso de cen nenos con síntomas poscovid. E ademais constatan a aparición de dúas novas variantes de coronavirus.

Son dúas novas variantes aparecidas nas cidades de Liverpool e Bristol. Esta última é a máis preocupante, segundo aseguran os responsables sanitarios británicos. Ademais, os hospitais están rexistrando semanalmente o ingreso de ata cen menores con síntomas graves postcovid. Son rapaces afectados dunha enfermidade rara que pode danar gravemente o corazón.

O Reino Unido xa vacinou doce millóns de persoas e os contaxios baixaron a case á metade nestas últimas dúas semanas.

 

Noticias web

10/02/2021