CRTVG

Buscar

O Reino Unido atrasa a volta ás aulas tras a repunta nos contaxios e mortes pola covid

Publicado o 30/12/2020 17:58
O Reino Unido atrasa a volta ás aulas tras a repunta nos contaxios e mortes pola covid

Os centros de secundarias e as universidades do Reino Unido atrasarán a volta ás aulas tras as vacacións de Nadal ata o próximo 18 de xaneiro ante a situación da pandemia, segundo anunciou este mércores o ministro de Educación, Gavin Williamson.

Nunha declaración feita hoxe na Cámara dos Comúns (baixa), Williamson tamén precisou que a maior parte das escolas de educación primaria do país reabrirán fisicamento o próximo día 4, como estaba previsto, pero non ocorrerá así en "un pequeno número de áreas" de Inglaterra, onde se rexistra un alto índice de infección por covid-19.

Williamson puntualizou que os alumnos de cursos de secundaria que teñan que presentarse a exames de nivel en Inglaterra si regresarán ás aulas o próximo 11 de xaneiro, mentres que o resto de estudantes de secundaria e universitarios terán que esperar

Situación da pandemia no Reino Unido

O Reino Unido rexistrou nas últimas 24 horas 981 novas mortes a causa do coronavirus, o maior rexistro desde a primeira onda da pandemia no mes de abril, ao tempo que suma outros 50.023 contaxios, informou este mércores o goberno británico.

O número de decesos é o máis elevado desde que o pasado 24 de abril, nos momentos máis duros da pandemia, se rexistraron 1.010 falecementos.

Coas mortes anunciadas hoxe, que só contabilizan aos mortos nun prazo de 28 días desde que se lles foi diagnosticada a enfermidade, o Reino Unido alcanza un total de 72.548, para un conxunto de 2.432.888 infectados pola covid-19 no país.