CRTVG

Buscar

O rei Xoán Carlos vaise someter a unha operación cardíaca este sábado

Publicado o 22/08/2019 13:05

A intervención programouse tras a última revisión médica que lle realizaron en xuño

O rei Xoán Carlos vaise someter a unha operación cardíaca este sábado

O rei Xoán Carlos vai ser sometido a unha intervención cirúrxica cardíaca o próximo sábado, 24 de agosto, unha operación programada tras a súa última revisión médica periódica anual.

O rei emérito someteuse os días 11 e 12 de xuño a esa revisión na que, segundo a Casa Real, constatouse a necesidade de programar esa intervención para finais de agosto.

A operación, da que non se deron detalles, realizarase na clínica Quirón de Pozuelo de Alarcón, en Madrid.

O rei Xoán Carlos, de 81 anos, decidiu abandonar a súa actividade oficial o 2 de xuño pasado, aínda que desde entón foi visto en numerosos actos privados.

A última operación do monarca foi como consecuencia dunha lesión cutánea por sobreexposición ao que se lle extirpou de maneira preventiva cunha curación total, segundo informou a Zarzuela o 10 de abril.

Ademais, o anterior xefe do Estado pasou polo quirófano o 7 de abril do ano pasado, cando se lle substituiu a protése que se lle implantou no xeonllo dereito en 2011.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí