CRTVG

Buscar

O rei Xoán Carlos abandona o hospital: "Estou fenomenal con tubaxes novas"

Publicado o 31/08/2019 14:56

 

 

Tras unha semana hospitalizado, o Rei emérito recibía a alta e abandonaba esta mañá o centro Quirón de Pozuelo de Alarcón onde foi operado. Á súa saída bromeu cos xornalistas dicindo que parecía que "lle pasara un camión por riba" pero que estaba moi ben con "canos novos".  Don Xoán Carlos terá que pasar agora as súas revisións nos Servizos de Cardioloxía e de Cirurxía cardíaca, que seguirán a súa evolución.

O rei Xoán Carlos recibía a alta hospitalaria e abandonaba a Clínica Quirón sobre as doce e media da mañá... Con bo humor dicíalle aos xornalistas que "estaba fenomenal...con tubaxes novas"

Asegurou que non ten dor e que a recuperación non será moi longa Don Xoán Carlos dicía estar moi contento por todas as visitas recibidas durante a semana e agradecía a atención mediática.

O Rei emérito foi operado o sábado pasado. A intervención prolongouse durante varias horas, nela practicóuselle con éxito un triplo bypass aortocoronario. Era a operación número 17 á que se sometía ao longo dos seus 81 anos..

O último parte médico, desta mesma mañá, volvía destacar a súa boa evolución... O Rei emérito terá agora que facer revisións periódicas a cargo dos servizos de Cirurxía Cardíaca do doutor Alberto Forteza Gil e de Cardioloxía do doutor José Ángel Cabrera.