CRTVG

Buscar

O rei Xoán Carlos pasará a planta "nas próximas horas"

Publicado o 26/08/2019 12:15

O rei Xoán Carlos evoluciona favorablemente da operación de corazón e hoxe mesmo podería pasar a planta. 

Segundo o parte médico dado este mediodía, xa se lle retiraron as drenaxes torácicas, empezou a realizar exercicios de fisioterapia cardiorrespiratoria e a súa resposa hemodinámica é boa. O rei emérito permanecía esta  mañá na unidade de cuidados intensivos do Hospital Quirón de Madrid, onde o sábado se lle practicou un triple bypass aortocoronario.

"Don Xoán Carlos mantén bo estado de ánimo. Tolera dieta branda e mesmo deu algúns pasos. Prevese que nas próximas hora poida pasar á planta de hospitalización", explicou Lucía Prieto, xerente dos hospitais QuirónO rei Xoán Carlos evoluciona favorablemente da operación de corazón e hoxe mesmo podería pasar a planta. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí