O rei Xoán Carlos I fai 83 anos lonxe de España
Publicado o 05/01/2021 16:32

Hoxe está de aniversario o rei Xoán Carlos. Fai 83 anos e faino lonxe de España e da familia real. O programa de Telecinco Viva la vida difundía nas últimas horas unha imaxe do monarca no porto de Abu Dabi, onde se atopa dende hai cinco meses.
Na fotografía vese a don Xoán Carlos paseando coa axuda dos seus dous escoltas.