CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O rei Xoán Carlos foi operado hoxe do xeonllo dereito

Publicado o 07/04/2018 14:43
O rei Xoán Carlos someteuse esta mañá a unha intervención cirúrxica prevista do xeonllo dereito.
A operación, que consistiu en substiuir a próteses artificial que se lle implantou hai algo menos de sete anos por outra de última xeración, concluiu con éxito.

O rei don Xoán Carlos ingresou hoxe na Clínica Universitaria Sanitas da Moraleja, un centro sanitario privado ubicado ao norte de Madrid para ser operado ao longo da mañá do xeonllo dereito.
A finalidade da intervención é permitirlle a don Xoán Carlos, unha maior mobilidade e estabilidadade cunha prótese de última xeración que reemplazará a que lle implantou en xuño de 2011 o traumatólogo Ángel Villamor no hospital San José de Madrid para resolver o deterioro provocado polo artrose.

A operación deste sábado é a decimoquinta a que se somete don Xoán Carlos , ao longo da súa vida, e a primeira tras a de novembro de 2013 na que o cirurxián Miguel Cabanela lle puxo unha prótese definiva na cadeira esquerda ,que obrigou ao rei a andar con muletas durante meses e ata agora con bastón.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí