CRTVG

Buscar

Filipe VI visita o hospital de emerxencia de Ifema

Publicado o 26/03/2020 16:25

Ataviado con guantes e mascara de protección, e mantendo a distancia de seguridade, o Rei achegouse a IFEMA nunha visita non anunciada aos medios. Era a primeira vez que o monarca abandonaba o confinamento na Zarzuela desde a entrada en vigor do estado de alarma. Flanqueado polos ministros de Sanidade e Defensa e polo alcalde de Madrid, Filipe VI saudou aos membros da Unidade Militar de Emerxencias que colaboraron na montaxe deste hospital de emerxencia levantado, destacou o monarca, en tempo record e con colaboración de administracións, forzas armadas e sector privado.

"Hoxe, este hospital de IFEMA de emerxencia é un auténtico símbolo do que somos quen de facer cando traballamos xuntos por un fin común", dixo o monarca.

O rei percorreu as instalacións do centro sanitario pero non a zona que ocupan os infectados. Reuniuse co director do hospital antes de volver a Zarzuela, onde mantivo outra xuntanza co ministro do Interior para abordar a situación da pandemia desde o punto de vista da seguridade, igual que fixo nos últimos días con Pedro Sánchez, co ministro de Transportes, José Luis Ábalos e cos membros do comité de crise.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí