CRTVG

Buscar

O Rei reclama máis investimento en ciencia na entrega dos Premios Jaime I

Publicado o 25/11/2019 21:17
O Rei reclama máis investimento en ciencia na entrega dos Premios Jaime I

O Rei presidiu en Valencia a cerimonia de entrega dos Premios Jaime I, dedicados á promoción da ciencia e a investigación. Alí, don Filipe avogou por aumentar os investimentos en formación.

Recolleron o recoñecemento seis investigadores relevantes de eidos como a medicina, a economía, o urbanismo, a protección ambiental ou a empresa. Nesta edición, premiaron, entre outros, os responsables de estudos sobre o avellentamento e a medicina rexenerativa, as futuras xeracións de drons e a teledetección dos cambios planetarios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/11/2019