CRTVG

Buscar

O rei recibe as autoridades das Baleares

Publicado o 10/08/2020 13:27

Filipe VI, que continúa esta semana en Palma de Mallorca, reuniuse hoxe con autoridades das Baleares. Entre elas, coa presidenta autonómica, Francina Armengol, que lle dixo que son a rexión que peor o vai pasar tras a pandemia, pola súa dependencia do turismo.

O rei tamén recibiu en audiencia o presidente do Parlamento e a presidenta do Consell de Mallorca. A reunión prevista co alcalde de Palma foi por videoconferencia, xa que o rexedor está illado, porque estivo en contacto cun positivo por covid-19.

Noticias web

10/08/2020