CRTVG

Buscar

O Rei recibe a Batet na Zarzuela para comunicarlle se propón candidato

Publicado o 17/09/2019 20:07
O Rei recibe a Batet na Zarzuela para comunicarlle se propón candidato

Felipe VI recibiu esta tarde á presidenta do Congreso, Meritxell Batet, no palacio da Zarzuela, unha vez terminada a rolda de consultas previa para comunicarlle a decisión adoptada sobre se propón ou non candidato á investidura. 

Batet chegou á Zarzuela ás 19.45 horas, tres cuartos de hora despois de que o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, concluíra o seu encontro co Rei ao termo da rolda de consultas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí