CRTVG

Buscar

O rei preside en Rabat a constitución do Consello económico Marrocos-España

Publicado o 14/02/2019 14:06

A segunda xornada da viaxe oficial a Marrocos comezou cun encontro de Filipe VI co xefe do Goberno marroquí e coa visita ás tumbas de Mohamed V e Hassan II.

O rei de España pronunciará o seu primeiro relatorio da viaxe no acto máis importante do día: a constitución do Consello económico Marrocos-España, un órgano que reunirá 30 empresarios de cada país.

España é o primeiro cliente e provedor de Marrocos, cun volume de negocio que se duplicou en seis anos e acadou os 14.000 millóns de euros en 2018. En Marrocos operan unhas 800 empresas españolas, pero ata 20.000 participan nesas relacións comerciais.

Os ministros manteñen actos paralelos, o de Exteriores reuniuse co seu homólogo marroquí e a de Industria cun grupo de empresarios españois. Nesta visita xa asinaron máis dunha decena de acordos en seguridade, enerxía e cultura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2019