CRTVG

Buscar

O Rei non propón candidato a presidente do Goberno e abre o camiño cara a novas eleccións o 10-N

Publicado o 17/09/2019 22:04

O Rei constatou na súa rolda de consultas cos partidos políticos que non existe un candidato cos apoios necesarios para ser investido presidente do Goberno, informou nun comunicado o Palacio da Zarzuela. Por tanto, Filipe VI comunicoulle á presidenta do Congreso, Meritxell Batet, "que non formula unha proposta de candidato á presidencia do Goberno", segundo di o texto, que non fala expresamente de convocar eleccións, pero si remite ao artigo 99 da Constitución.

O artigo 99.5 sinala que "se transcorrido o prazo de dous meses, a partir da primeira votación de investidura, ningún candidato obtivese a confianza do Congreso, o Rei disolverá ambas as dúas cámaras e convocará novas eleccións co referendo do presidente do Congreso".

 


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí