CRTVG

Buscar

O rei: "Non é admisible apelar a unha suposta democracia sen respectar a lei"

Publicado o 20/02/2019 19:02

Filipe VI advertiu este mércores que "non é admisible apelar a unha suposta democracia por enriba do dereito, xa que sen o respecto ás leis non existe nin convivencia nin democracia, senón inseguridade, arbitrariedade e, en definitiva, creba dos principios morais e cívicos da sociedade".

O rei lanzou esta mensaxe na clausura do Congreso Mundial do Dereito que reuniu en Madrid uns 2.000 xuristas, unha cerimonia en que, acompañado por doña Letizia, recibiu o Premio Mundial da Paz e a Liberdade que lle outorgou a Asociación Mundial de Xuristas.

Coincidindo coas primeiras sesións do xuízo contra os dirixentes independentistas do procés pero sen referirse explicitamente en ningún momento a eles, o monarca fixo unha pechada defensa do Estado de dereito e o respecto á lei, o tempo que apelou á convivencia e garantiu a independencia e neutralidade da coroa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2019