CRTVG

Buscar

O rei interésase polo impacto do coronavirus no sector pesqueiro en Galicia

Publicado o 26/03/2020 19:06
O rei interésase polo impacto do coronavirus no sector pesqueiro en Galicia

O rei Filipe VI mantivo esta tarde unha videoconferencia co presidente da Federacion Galega de  Confrarías, José Antonio Pérez Sieira, para coñecer o impacto da COVID-19 no sector da pesca, considerada unha actividade produtiva esencial. Así informaron fontes do Palacio da Zarzuela.   

O presidente das confrarías galegas expresou a súa inquedanza polas dificultades que ten especialmente o sector da pesca de baixura para cumprir as medidas de protección contra o virus en pequenas embarcacións.

O sector pesqueiro supón, só en Galicia, 40.000 empregos directos, que procesan o 70 % da pesca fresca en España e o 84 % da produción española. Recentemente, o propio Pérez Sieira trasladou a Europa  Press que o sector da pesca galega afronta unha situación "inviable", cunha caída acusada de prezos, á vez que o marisqueo está "parado" porque "ninguén compra xa", con restauración pechada e sen eventos. "O sector moito máis non vai resistir", avisaba o patrón maior de Ribeira.