CRTVG

Buscar

O rei inaugura unha exposición centrada no Camiño de Santiago e no aniversario da catedral de Burgos

Publicado o 29/06/2021 21:43

A vocación peregrina do home, xeográfica e espiritual, ao longo de mil anos de historia conflúen na exposición As idades do home, que inaugurou hoxe en Burgos o rei Filipe VI. O Camiño de Santiago e o oitavo centenario da catedral de Burgos ocupan un lugar destacado nesta exposición.

Na mostra pódense contemplar obras de Fernando Gallego, Pedro y Alonso Berruguete ou de Felipe Vigarny, algúns dos pintores e escultores dos séculos XV e XVI e que ilustraron, tallaron e decoraron os interiores de distintas catedrais españolas.

Noticias web

29/06/2021