CRTVG

Buscar

O Rei inaugura o curso universitario na Coruña

Publicado o 30/09/2019 14:59

A Universidade da Coruña foi a elixida para inaugurar o curso académico. O Rei presidiu a cerimonia, en que tamén participaron o presidente da Xunta de Galicia, o ministro Pedro Duque e arredor de 30 reitores. Os relatores falaron dos retos aos que se enfronta a institución. Os reitores piden unha nova lei de consenso que garanta o financiamento necesario para evitar a fuga de talento.

O presidente da Xunta de Galicia puxo as universidades galegas como exemplo de cooperación e salientou o papel da monarquía como elemento de unión, dixo, en todas as verdades compartidas.

O Rei advertiu que a universidade no século XXI debe ter un papel fundamental no nova economía e reivindicar o espírito crítico como parte do seu compromiso social.

A lección inaugural correu a cargo da catedrática Amparo Alonso Betanzos, investigadora en intelixencia artificial.

Noticias web

30/09/2019