CRTVG

Buscar

O rei inaugura o ano xudicial nunha cerimonia marcada polas restricións da COVID−19

Publicado o 07/09/2020 09:23

O rei inaugura esta mañá o ano xudicial nunha cerimonia marcada polas restricións da COVID−19, polo bloqueo da renovación dos seu órganos de dirección e por soados xuízos coma o do rei emérito Xoán Carlos.
A covid−19 obriga a que se lles tome a temperatura a todos os asistente cando vaian entrando na sede do Tribunal Supremo. Todos terán que levar máscara e acreditar mediante un formulario que non
teñen síntomas da enfermidade. Reducise o número de convidados e non haberá o tradicional cóctel.





 

Noticias web

07/09/2020