CRTVG

Buscar

O rei Filipe VI e Sánchez, xuntos no Padroado do Instituto Cervantes

Publicado o 06/10/2020 22:12

Os reis presidiron esta tarde no Palacio do Pardo a xuntanza do Real Padroado do Instituto Cervantes, un acto en que tamén participou o presidente do Goberno.

Este é o primeiro acto público ao que acoden o rei e o xefe do Goberno dende hai case dous meses. E repetirán unha segunda vez esta mesma semana, xa que don Filipe e Pedro Sánchez participarán este venres nunha entrega de premios en Barcelona.

Desta volta, o propio Sánchez será o ministro de xornada, tras a polémica pola ausencia do rei na entrega de despachos aos novos xuíces tamén na capital de Cataluña.

Noticias web

06/10/2020