CRTVG

Buscar

Filipe VI asiste en Panamá á toma de posesión do presidente Laurentino Cortizo

Publicado o 30/06/2019 21:47

O rei filipe VI asistiu hoxe as celebracions do quinto centenario da Cidade De Panamá. Participou aproveitando a viaxe para representar mañá a España na toma de posesión de Laurentino Cortizo, fillo de ourensán, como presidente do país.

Este luns outro político con raíces galegas tomará o mando deste país centroamericano. O actual Presidente, Juan Carlos Varela, ten familia en Bergondo que visitou recentemente. Precisamente el recibiu hoxe aquÍ en Panamá Vella ao Rei Filipe VI e ao ministro de exteriores Josep Borrell que comunicou a súa asistencia logo de entregar a súa acta de eurodiputado.

Comezaron aquí as celebracións dos 500 anos da fundación desta cidade que acabou por unir dous oceános e o norte e sur de América. O Rei Filipe VI destacou a abertura ao mundo de Panamá e a importancia das boas relacións entre España e Iberoamérica. Aquí aínda queda moito día e o Rei terá tempo para entrevistarse co presidente electo Laurentino Cortizo e tamén acudir a un encontro con emigrantes españois en Panamá, a maioria deles Galegos..

E nesa investidura de Laurentino Cortizo o máximo representante español será o rei Filipe VI, que chegou de madrugada e foi recibido no aeroporto polas autoridades locais. Xunto co monarca viaxou tamén o ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrell.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/06/2019