CRTVG

Buscar

O rei fala en Cataluña de traballar estreitamente unidos para encarar a recuperación

Publicado o 02/07/2021 08:26

O rei Filipe pide en Cataluña traballar estreitamente unidos para despexar incertezas e encarar con éxito a recuperación. Díxoo despois de afirmar que esta crise sanitaria fixo emerxer con todo vigor os valores de solidariedade, esforzo colectivo, unión e afecto entre cidadáns que nos definen. "Xuntos seremos máis capaces para encarar con esperanza ese futuro desexado de recuperación. Só así, estreitamente unidos, como vimos ao longo desta tarde, conseguiremos avanzar para afastar a incerteza que afectou tantos fogares do noso país e de xeito especial a vida de millóns de xoves", manifestou Filipe VI.

 

Noticias web

02/07/2021