CRTVG

Buscar

O Rei e Torra saúdanse pero non se falan no salón Automobile Barcelona

Publicado o 10/05/2019 20:07

Quim Torra repetiu no Salón do Automóbil o desplante ao Rei que xa protagonizara hai tres meses no World Mobile Congress. O presidente catalán non recibiu o monarca ao pé do automóbil, onde si estaban a ministra de Industria, a delegada do Goberno en Cataluña e os responsables do salón. 

Tampouco estaba Torra na segunda liña de saúdos, á entrada ao pavillón da feira. Non foi ata a foto de familia cando Filipe VI puido estreitar a man do presidente da Generalitat. As cámaras non captaron o menor intercambio de palabras entre eles. Tampouco no almorzo posterior, malia sentaren na mesma mesa. No percorrido polo Salón, Torra permaneceu en todo momento uns metros por detrás da cabeceira da comitiva. Só se dirixiu ao monarca á metade do paseo, para despedirse sen agardar ao remate do acto. Foi o máis significativo dunha xornada estraña. Faltou o presidente do Goberno polo falecemento de Rubalcaba e a campaña electoral obrigou a unha inauguración sen discurso real.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019