CRTVG

Buscar

O Rei do Cachopo proclama a súa inocencia e vincula o crime cunha mafia

Publicado o 11/05/2021 16:58

Hoxe comezou a declaración de César Román, coñecido como Rei do Cachopo. Está acusado de matar e despezar presuntamente a súa parella, da que só apareceu o tronco, no interior dunha nave alugada por el. O fiscal pide 15 anos de prisión por asasinato, mentres que a familia da vítima eleva a pena ata os 25 anos. Mentres, a defensa considera que non hai probas contundentes e o acusado negou ante a sala os feitos.

Noticias web

11/05/2021