CRTVG

Buscar

O Rei do Cachopo négase a declarar e ingresa en Soto do Real

Publicado o 20/11/2018 21:42

O Rei do Cachopo, acusado de matar e despezar a súa moza, negouse a declarar hoxe ante a xuíza, que levantou o segredo de sumario. Ratificado o seu ingreso no cárcere, xa ingresou en Soto del Real.

Acusado do presunto asasinato e despezamento da súa moza, a hondureña Heidi Paz, de 25 anos, o Rei do Cachopo chegaba aos xulgados de praza de Castilla. Negouse a declarar ante a xuíza que instrúe o caso, e diante dos xornalistas dixo ser inocente e que estaba tranquilo ata que non se levantara o segredo de sumario, algo que se fixo efectivo minutos antes do seu paso a disposición xudicial.

Unha das principais probas incriminatorias do auto que ordenou o seu ingreso en prisión provisional o pasado sábado indica que un taxista o trasladou ata unha nave que tiña alugada cunha maleta duns 60 quilos. Unha semana despois, foi achado alí o corpo despezado da vítima.

A maxistrada mantén a competencia da investigación, por ser o órgano xudicial de garda cando se atopou o cadáver. Ao tratarse dun posible caso de violencia machista, podería derivarse a un xulgado especializado. Ratificado o seu ingreso en prisión, xa permanece no cárcere madrileño de Soto del Real.







 

Noticias web

20/11/2018