O Rei defende a ética da inclusión no foro da Toxa
A illa da Toxa foi onte o berce dun novo foro de pensamento e xeoestratexia ao que algúns se refiren xa como 'o Davos Atlántico'.
O rei Filipe VI foi o encargado do discurso inaugural dunhas xornadas en que partiparán entre outros Pedro Sánchez, Mariano Rajoy e Felipe González.
O foro da Toxa pretende abandeirar os valores das democracias liberais, da economía de mercado e do Estado social ante as correntes de populismo doutrinario que agroman en Europa.
Filipe VI, recibido á súa chegada á Illa da Toxa polo presidente da Xunta, eloxiou a iniciativa de converter este escenario nun foro de debate internacional e defensa dos valores occidentais.
O monarca defendeu que dereitos humanos, sanidade, e dereitos sociais nunha economía de mercado que permita a igualdade de oportunidades son 'o vínculo atlántico'; e a mellor estratexia para afrontar os desafios actuais.
"Todo prestando unha atención especial ao imperativo ético, político e social que supón afianzar unhas sociedades inclusivas e cohesionadas onde ninguén quede atrás", engadiu o Rei.
Na súa intervención o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixo unha apelación a "unha centralidade social e partidaria, aínda que os nosos usos políticos se resistan a recoñecelo. Acaso estemos arrastrando unha reminiscencia do pasado que lastra os consensos necesarios do presente?".
No foro analizaranse asuntos como o emprego, o despoboamento, as migracións ou a crise demográfica.