CRTVG

Buscar

O Rei reunirase cos líderes dos partidos os días 16 e 17

Publicado o 12/09/2019 17:18

A día de hoxe as negociacións están rotas, non hai ningún achegamento entre estes dous partidos, que seguen enrocados nas súas posicións de partida. O próximo luns e martes, o Rei convoca todas as formacións representadas no Congreso para ver se é viable a investidura dalgún candidato. Polo momento, Pedro Sánchez non ten os apoios necesarios por iso non se descarta que Filipe VI decida, tras a rolda de contactos, disolver as Cortes e convocar de novo eleccións. 

Esta será a segunda rolda de contactos que fai o Rei dende as eleccións en abril, a sétima nos seus cinco anos de reinado. Esta mañá compartía coa presidenta do Congreso unha arela. Pero as negociacións entre o PSOE e Podemos están rotas. Os medios especulan coa posibilidade de que Iglesias, no último minuto, apoie a investidura de Sánchez sen ningún acordo.

Podemos descarta por agora esta opción e tende a man para negociar unha coalición. Críticas á estratexia de Sánchez tamén dende Ciudadanos.

Pola súa parte, o equipo de Sánchez esquivaba hoxe as preguntas dos xornalistas, salvo esta chamada ao optimismo en boca do número dous do partido.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019