CRTVG

Buscar

O Rei chama á fraternidade hispanoamericana na súa viaxe oficial á Arxentina

Publicado o 27/03/2019 21:06

Filipe VI chama á fraternidade hispanoamericana durante a inauguración do Congreso da Lingua Española que se celebra na Arxentina. Un congreso en que estivo presente a polémica xerada polo presidente mexicano, López Obrador. Este acto pechou a visita oficial dos reis á Arxentina.

Unha grande expectación mediática agardaba os reis á súa chegada ao Teatro Libertador na cidade de Córdoba. Filipe VI inaugurou o oitavo Congreso da Lingua Española cun discurso en que chamou a facer desta xuntanza, unha celebración da fraternidade hispanoamericana.

Palabras pronunciadas tras a polémica xerada polo presidente mexicano, López Obrador, pedindo que España se desculpe pola conquista de hai 500 anos, e a quen o escritor peruano, nobel de Literatura, Mario Vargas Llosa, lle reprochou que aínda manteña en México milleiros de indios pobres e marxinados.

Un xantar cos asistentes ao Congreso e o encontro cunha representación dos españois que viven en Córdoba puxo fin a visita oficial don Filipe e dona Letizia á Arxentina.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/03/2019