CRTVG

Buscar

Filipe VI ás Forzas Armadas: "Quedan por superar tempos difíciles pero somos un gran país"

Publicado o 30/05/2020 13:12

O Rei mantivo unha videoconferencia con militares españois no exterior e con outros que participaron na operación Balmis de loita contra a covid-19. A pandemia e o loito oficial obrigaron a suspender os actos que se ía desenvolver en Huesca con motivo desta xornada.

Acompañado da ministra de Defensa, Margarita Robles, o Rei enviou unha mensaxe de apoio e de agradecemento aos militares desde a sede do Mando de Operacións, na base madrileña de Retamares: "Somos un gran país que encara sempre de fronte as dificultades, por importantes e graves que sexan, e sábeas vencer. Quero dicirvos tamén que me sinto moi orgulloso da profunda identificación do pobo español coas súas Forzas Armadas, que nesta situación, máis ca nunca, as sentiu como súas e á súa beira".

Foi unha xonada atípica, marcada inevitablemente polas secuelas do coronavirus, e non houbo o tradicional desfile. A conmemoración realizose por vía telemática e os protagonistas foron militares que están participando en diferentes misións internacionais. Tanto o Rei como Margarita Robles aludiron ao compromiso das Forzas Armadas coa sociedade e o monarca sinalou que son un "motivo de orgullo" polo seu comportamento para facerlle fronte ao coronavirus.

Noticias web

30/05/2020