CRTVG

Buscar

O recordo de Miguel Ángel Blanco segue moi vivo en Xunqueira de Espadanedo e na Merca

Publicado o 11/07/2019 16:08

Pasaron 22 anos pero os recordos estan intactos. Todos lembran aquelas 48 horas angustiosas. En Xunqueira de Espadanedo, onde Miguel Ángel Blanco viña de visita moitos veráns, seguen cada ano coas homenaxes. O sábado haberá ofrenda floral e un minuto de silencio para lembrar unha barbarie que deixou sen alento todo un país.

Mentres, na súa aldea materna, Faramontaos, na Merca, o seu tío achegábase hoxe de novo ao cemiterio, aquí están soterrados os seus restos mortais. Din que foron momentos moi duros os vividos pola familia e que nunca serán capaces de superar o acontecido.

Na Merca, a familia organizou unha misa para o sábado, o propio día do asasinato. Dende o Concello non hai actos previstos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019