CRTVG

Buscar

O recinto do Val dos Caídos queda pechado desde hoxe

Publicado o 12/10/2019 14:56

O recinto do Val dos Caídos está pechado desde hoxe para facilitar a exhumación dos restos de Francisco Franco.

A partir deste sábado quedan paralizadas as visitas á tumba do ex-ditador ata que remate a operación de exhumación. A data máis probable para realizala sitúase entre o 18 e o 22 deste mes. Os restos trasladaranse previsiblemente en helicópetro para evitar manifestacións ou accións de protesta que impidan o paso. A familia de Franco segue tratando de frear a exhumación nos tribunais e onte pola tarde Vox tamén anunciaba que recorrerá á vía contenciosa.

Noticias web

12/10/2019