CRTVG

Buscar

O recibo da luz subirá en abril un 4% pola caducidade dun decreto lei

Publicado o 12/03/2019 17:46

Nova suba da luz en abril. Estímase que o recibo medrará un catro por cento ao confirmar o Goberno que non vai prolongar a suspensión dun dos impostos que grava a electricidade. Din que sería considerado electoralista.

A subida débese á caducidade dun decreto lei aprobado en outubro, polo que se suspendía un dos impostos da electricidade en vigor dende o 2012. A ministra Ribera anuncia que non se prorrogará.

Estímase que o recibo subirá arredor do 4 por cento. A Unión de Consumidores reclama medidas eficaces para frear o encarecemento e acabar co dominio das eléctricas.

Dende outubro, a factura reducírase ata dous euros ao mes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019