CRTVG

Buscar

O Real Madrid tropeza en Mallorca e compromete o futuro de Zidane

Publicado o 20/10/2019 11:25

Hai caras que o din todo... Coma esta de Zidane. Con ela abandonou Son Moix despois dun partido que puxo en evidencia o plan B do Real Madrid. Ese que noutra época tan ben lle funcionaba e lle permitíua manter o pulso en tódalas competicións. Con el chegou a Mallorca, con Odriozola, James, Isco, Jovic, Vinicius e non funcionou.

Aos sete minutos o Mallorca recuperou ao pé da súa área e trazou unha contra meteórica con envío de Febas pra Lago Junior e resolución espectacular. Un golazo o de Lago Junior. E a seguir os baleares propuxeron un exercicio de orde e practicidade pro que o Madrid a penas encontrou resposta. Se cadra esta de Benzema na propia primeiora parte e nada máis.

Porque o segundo tempo foi un exemplo de impotencia, de descontrol. Un cúmulo de malas decisións como ese intre no que Odriozola, que xa tiña unha amarela foi así a un balón inocuo na medular. Apañou a segundo e o Madrid quedou con dez. Minuto 74. A acometida madridista neste período deu pra pedir penalti nunha acción entre Salva Sevilla e Brahim e pra un feble remate de cabeza. Foi todo, por non dicir nada. E agora vén a Champions e o Galatasarai co ruxe ruxe sobre a cabeza de Zidane e a campaña pra volta e Mourinho en marcha. Mais esa é unha historia que non empaña unha xesta... A deste Mallorca, conformado por un bloque de futbolistas que hai un par de anos xogaban en Segunda B.

Noticias web

20/10/2019