CRTVG

Buscar

Cristiano Ronaldo deixa o Real Madrid e pon rumbo á Juventus

Publicado o 10/07/2018 21:34

O de Cristiano Ronaldo que deixa o Real Madrid despois de nove anos e pon rumbo á Juventus. A súa marcha era un segredo a voces dende que o portugués se despedira da afección nada máis gañar a última Champions. Cristiano pediu saír do Bernabéu e os brancos despréndense da súa estrela tras moitos desencontros. 

Finalmente chegou o día. Cristiano Ronaldo xa é historia do Real Madrid. O club branco oficializaba o traspaso a través dun comunicado oficial no que destacaba no seu primeiro parágrafo que atendía á petición do propio xogador de ser traspasado á Juventus. Cristiano publicaba tamén unha carta na páxina web do club en que recoñece que foi el quen solicitou o traspaso para abrir unha nova etapa na súa vida e pide comprensión aos seareiros. Cristiano engade que despois de moita reflexión entende que é o momento de abrir un novo ciclo na súa carreira e despídese do mesmo xeito que se presentou hai 9 anos.

Acaba unha era no Real Madrid e na liga española. Cristiano Ronaldo deixa unha pegada innegable na historia branca a golpe de goles e récords. Os seus números son abraiantes: 450 goles en 438 partidos. Dúas ligas, dúas copas, dúas supercopas de España, 3 supercopas de Europa, 3 mundiales de clubes e, sobre todo, 4 liga de campións. Agardábase esta despedida dende que o propio Cristiano dixo nada máis rematar a final de Kiev que fora un pracer xogar no Real Madrid. A Juventus apareceu ben pronto como o máis que posible destino. A cláusula de mil millóns do crack portugués reducíuse a 100 no claso do club italiano, que o recibe deste xeito. Cristiano pasou do branco ao branco e negro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/07/2018