CRTVG

Buscar

O Real Madrid tira de traballo e coraxe para gañar o Alavés

Publicado o 30/11/2019 18:49

Houbo un tempo no que o Madrid era galáctico e daba brillo as súas botas con fútbol de salón, mais agora gusta do barro e medra no loita. Este Madrid prioriza a palabra equipo, é sólido e práctico. Sobre todo iso, práctico. En Mendizorroza volveuno amosar. E agás o susto na entrada de Militao a Aléix Vidal nada máis arrancar que -o VAR tampouco entendeu como penalti- os brancos controlaron e souberon agardar polas súas oportunidades. Ben é certo que lles faltou profundidade, pero tiveron a xusta pra decantar o partido.

Ximo Navarro enviaba contra o pao da súa propia portería. E xa, na segunda parte, esa falta de Kross e esa cabezada de Ramos permitiulles adiantarse no marcador. Foi no minuto 51. Co gol recibido, o Alavés botou o resto e chegou no treito final con máis perigo. Aí aconteceu o golpe co cóbado de Ramos a Joselu e o penalti que lle deu a opción de empatar ao Alavés. Gol de Lucas Pérez. Con amarela na celebración pro coruñés por poñerse unha máscara. Igual festexou moi cedo, novembro lonxe queda do carnaval. Tanto como o seu gol no minuto 65 do final do partido. Ao Madrid deulle tempo de volver golpear. Un centro de Modric, unha cabezada de Isco e o olfato de Carvajal. 1-2. Así gañaron o partido os brancos. Con ese gol de Carvajal e con sufrimento. Pero diso este Madrid sabe e mesmo o acata como parte do proceso que o pode levar aos éxitos. As últimas ocasión foron locais, coma esa de Manu García, e o triunfo merengue. Unha vitoria que pon ao Madrid de forma provisional so, ao fronte da clasificación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/11/2019