CRTVG

Buscar

O Real Madrid tira a liga tras perder coa Real Sociedade no Bernabeu

Publicado o 07/01/2019 09:19

Un ano máis, o Real Madrid tirou a liga en xaneiro. Perdeu no Bernabeu ante a Real Sociedade. O equipo branco saíu durmido e no minuto 2 Casemiro cometeu penalti sobre Mikel Merino. O colexiado Munuera Montero tívoo claro, nin consultou o VAR. Lanzou e marcou William José.

Era o minuto 3 e aos de Solari tocáballes remar. Tentouno Benzema, cruzou de máis, a mellor ocasión do primeiro tempo foi este centro xute de Lucas Vázquez que se estrelou no pau. Así se chegou ao descanso e no segundo tempo, o encontro toleou.

O Madrid tivo unha tripla oportunidade nada máis comezar, entre Rulli e a defensa donostiarra evitaron o tanto.
E no minuto 60, expulsión de Lucas Vázquez por dobre amarela. Malia quedar con dez, o Madrid seguiu buscando o empate. Vinicius, que se estreou como títular na liga, chantouse ante Rulli e caeu. Semellaba penalti, Munuera Montero nin consultou o VAR.

O Madrid non baixou os brazos, tívoa Ramos a pase de Vinicisu e a Real matouno á contra. Minuto 82, Rubén Pardo aproveita o gran pase de William Jose para facer o segundo... e houbo tempo para máis oportunidades nun Bernabeu máis baleiro do habitual. Os brancos rematan a xornada fóra dos postos Champions.

Noticias web

07/01/2019