CRTVG

Buscar

O Real Madrid supera sen problemas ao Español e mantén o ritmo na cabeza da táboa

Publicado o 07/12/2019 18:49


O Real Madrid mantén o ritmo exixido para loitar polo título. Zidane, en modo rotacións, activou definitivamente ao seu cadro de xogadores. Na matinal do Bernabéu, de verde en consonancia co cumio do clima, o equipo madridista superou con comodidade a un Español que xustificou a súa condición de penúltimo clasificado. A bagaxe ofensiva dos visitantes resúmese nun cabezazo de Granero que interrumpíu a plácida sesión baixo os paus de Courtois. Todo o contrario que o día que pasou Diego lópez. O gardameta galego do Español non gañou para sustos. E evitou un marcador máis amplo. Foi un muro para Fede Valverde e para Vinicius, e só claudicou ante un remate de Varane nunha xogada confusa na que Casemiro non chegou ao pase de Benzema. Era o minuto 37. Cuestión de tempo. Claro que o panorama puído cambiar na recta final do primeiro tempo. Porque Vinicius, que tiña un cartón, derrubou torpemente a David López. O árbitro, Jaime Latre, deixou ao brasileiro no campo, e a piques estivo de marcar na última acción antes do descanso. Vinicius estivo en case todas, agás, curiosamente, as que terminaron en gol. Na reanudación o Madrid decidíu non correr riscos. Agardou aos erros do seu rival, moi feble en tódalas facetas do xogo. O encontro non quedou sentenciado antes porque Benzema precisou de varias oportunidades claras antes de marcar. Finalmente, no minuto 79, o francés acertaba a batir a Diego López tras unha xogada co excelente Fede Valverde. Once goles marcou Karim Benzema nesta liga. Encabeza o Pichichi e ten moito que ver coa privilexiada posición do seu equipo. A mala nova para Zidane é que queda sen laterais esquerdos para Mestalla. Mendy foi expulsdo por dobre cartón preto do final dun día sen demasiados sobresaltos para o Real Madrid.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2019