O Real Madrid soña coa fazaña en Manchester
Publicado o 07/08/2020 16:23
En Manchester o madridismo soña coa fazaña de pasar aos cuartos de final da Champions e instalarse en Portugal. Exame de altura e esixencia para o equipo que adestra Zinedine Zidane. Xoga unha final polo resultado da ida. Zidane conta co belga Hazard e coas sensacións que ofreceu o Real Madrid para conquistar o título de liga.
Sergio Ramos está en Manchester acompañando a expedición e Bale quedou en Madrid, negouse a xogar.