CRTVG

Buscar

O Real Madrid queda fóra da Champions League

Publicado o 08/08/2020 14:28

 A solidez amosada polo Real Madrid á volta do confinamento derreteuse no Etihad. A conquista da Liga fixo soñar os brancos coa remonta pero os de Guardiola souberon ler mellor o partido. A Zidane escapóuselle a primeira eliminatoria da Copa de Europa en dous erros de Varane. O primeiro, aos oito minutos do encontro, propiciou a apertura do marcador. O francés durmiuse co balón na área. Gabriel Jesús, determinante onte en Manchester, aproveitou a lea para roubarlle a carteira e cederlle o esférico a Sterling.

O City tiña enganchado os brancos, afogados polas dúbidas e temerosos no ataque. Tivérona Benzemá primeiro e Hazard despois. Mandaban os ingleses pero os de Zidane foron recuperando terreo máis arriba ata que Rodrygo e Benzemá se encontraron na área. Gran xogada do brasileiro que centra para poñerlla na cabeza ao 9.

Co empate a uns chegou o descanso. O guión non mudou na segunda metade. Iso si, medraron os problemas do Real Madrid, encomendado ao labor Courtois baixo aos paus. O belga frustrou dúas ocasións clarísimas de Sterling e unha terceira de Gabriel Jesús.

Pero pouco puido facer ante un segundo erro de Varane, irrecoñecible no Etihad. Perseguido de novo por Gabriel Jesús, o central porfiou e acabou regalándolle ao balón ao dianteiro citizen. 2-1 e adeus dos brancos á Champions. De novo sen Ramos no campo. Como xa sucedera o ano pasado ante o Ajax.

Noticias web

08/08/2020