CRTVG

Buscar

O Real Madrid cae no Villamarín (2-1) e perde a primeira posición

Publicado o 08/03/2020 23:02

O Real Madrid perdeu por 2-1 no campo do Betis, e volvemos ter cambio á fronte da Primeira División. No treito final da primeira parte adiantouse o Betis cun gol de Sidney, pero no engadido os brancos empataron por un penalti cometido sobre Marcelo e transformado por Benzema. Na segunda metade, o Betis dispuxo das mellores ocasións e a menos de dez minutos para o final Cristian Tello, xogador formado no Barcelona, marcaba o definitivo 2-1.

Noticias web

08/03/2020