CRTVG

Buscar

O Real Madrid perde co Levante (1-0), o liderado e a Hazard

Publicado o 22/02/2020 22:52

O Real Madrid perdeu no campo do Levante (1-0) e, de paso, perdeu o primeiro posto da liga xusto antes de afrontar dous dos compromisos máis importantes da temporada: a ida dos oitavos de final da Champions diante do Manchester City e o Clásico diante do Barcelona, o novo líder.

En Valencia xogou unha boa primeira metade na que Aitor salvou o Levante e unha segunda moito máis discreta. O Levante foise facendo forte en defensa e aproveitou unha contra culminada por Morales no minuto 79 para acadar un triunfo de prestixio. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/02/2020