CRTVG

Buscar

O Real Madrid gaña pero pecha a temporada en branco

Publicado o 22/05/2021 22:22

O Real Madrid non lle valía outra cousa que gañar diante do Vilarreal e agardar que o Atlético non puidera co Valladolid. Pero a misión de meterlles presión aos veciños fracasou durante boa parte do partido. O Vilarreal, que xogaba a presenza na Europa League, adiantouse aos dezanove minutos, cando o canteirán Yeremi Pino culminaba esta xogada. O Real Madrid parecía iniciar o camiño da remonta cunha cabezada de Benzema xa na segunda metade, pero o VAR revisou a posición do francés, que se revelou incorrecta por centímtros. E, mentres se anulaba o gol, Correa empataba en Valladolid. No treito final os de Zidane si foron quen de remontar. Empatou, agora si, Benzema. E Modric establecía o dous a un co tempo xusto para que o Atlético acabase pedindo a hora en Pucela. Este é o último gol do Real Madrid na temporada, que non serviu para gañar o título. Tampouco acadou o obxectivo o Vilarreal que, polo momento, xogará a Conference Cup.

Noticias web

22/05/2021