CRTVG

Buscar

O Real Madrid gaña 1-4 en Vigo e chega líder á última xornada

Publicado o 17/05/2017 21:50

O Real Madrid afrontará como líder en solitario a última xornada da Liga tras gañar este mércores por 1-4 ao Celta no partido pendente da vixésima primeira data.     

Con este triunfo, o Real Madrid afrontará a última xornada, en que visitará o Málaga, con tres puntos máis ca o Barcelona, que recibe o Eibar. Ambos os partidos, o domingo ás 20.00.     

Cristiano Ronaldo adiantou ao seu equipo no minuto 10 cun zurdazo desde a frontal da área tras un xogada pola esquerda de Isco Alarcón. O dianteiro portugués anotou o 0-2 no 48 ao culminar un contragolpe conducido por Isco.     

O Celta acurtou distancias no 69 cun tanto do sueco John Guidetti, cuxo disparo desviouno ao fondo das mallas o defensa branco Sergio Ramos.     

Un minuto máis tarde chegou o 1-3, obra do francés Karim Benzema ao rematar libre de marcaxe e desde preto un servizo pola esquerda do brasileiro Marcelo. O definitivo 1-4 marcouno o alemán Toni Kroos no 88.     

O Celta xogou cun menos desde o minuto 62 pola expulsión por dobre amoestación de Iago Aspas. 

Galería de imaxes

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2017